Proxectos de divulgación/acción alén da Guía

Debate sobre estratexias e métodos para a divulgación e comunicación social ou persoal do Teito do Petróleo e das súas consecuencias, así como o cambio social necesario.

Proxectos de divulgación/acción alén da Guía

Mensaxepor VesperaDeNada » 14 Abr 2014, 11:18

Neste comezo de 2014 estamos centrando case toda a actividade da nosa asociación na difusión da Guía para o descenso enerxético, por medio de debates, presenza nos medios, presentacións, este foro, etc. pero gustaríanos ir preparando novos proxectos no terreo da concienciación social para a trasformación cara unha Galiza pospetróleo. As vosas ideas neste sentido serán moi útiles, e por suposto a vosa participación en todos os proxectos que poidamos ir poñendo en marcha.

Apuntamos aquí algunas ideas que foron xordindo en debates internos na nosa asociación:
  • Creación dun vídeo/documental acerca do Peak Oil desde a óptica galega.
  • Creación dunha exposición itinerante de cartaces didácticos acerca do Peak Oil.
  • Creación de material didáctico orientado a rapaces/colexios, en formato banda deseñada e/ou animación.
  • Realización dunhas xornadas divulgativas e de debate.
VesperaDeNada
Administrador do Sitio
 
Mensaxes: 94
Rexistrado: 28 Feb 2014, 11:04

Re: Proxectos de divulgación/acción alén da Guía

Mensaxepor Osoe » 16 Set 2014, 16:45

Estou a vosa disposición para todo o que esté relacionado co debuxo, a pintura e o deseño. Agás durante o verán, o resto do ano estou dispoñible para votar una man no que puiderades precisar.
Osoe
 
Mensaxes: 4
Rexistrado: 26 Ago 2014, 07:23

Re: Proxectos de divulgación/acción alén da Guía

Mensaxepor Casdeiro » 16 Set 2014, 19:58

Moitas grazas, Osoe. Contacto contigo e cóntoche sobre un novo proxecto que teño a piques de saír á luz, pero desta volta cos compas da Asociación Touda.
Preparándome para o peor escenario, mentres laboro para construír o mellor dos posibles.
Avatar de Usuario
Casdeiro
Socio/a
Socio/a
 
Mensaxes: 262
Rexistrado: 08 Mar 2014, 19:32
Ubicación: Galiza

Re: Proxectos de divulgación/acción alén da Guía

Mensaxepor seriedecreceinte » 20 Feb 2015, 21:32

Olá

Moi interesante o tema do documentario do peak oil dende unha optica galega.

Nos acabamos de rematar un documentario sobre movementos socias, do entorno da rede de GNSV, co nome "Pes de Cemento". É un traballo autoproducido. Estamos vendo de conseguir financiación para comezar un proxecto de varios documentarios curtos nos que queremos incluir o decrecemento e o peak oil.

Os motivos de estarmos no foro son: estar en contacto con outras persoas implicadas en creacións similares e expertas en materia de descenso enerxético, non duplicar esforzos á hora de tratar o tema e colaborar se fóra preciso.

O proxecto está moi verde aínda, e os implicados estaremos separados unhas semás por cuestións laborais. En maio retomaríamos o proxecto, a ver se podemos facer algo interesante.

Unha aperta
seriedecreceinte
Colaborador(a)
 
Mensaxes: 1
Rexistrado: 16 Feb 2015, 12:37

Re: Proxectos de divulgación/acción alén da Guía

Mensaxepor VesperaDeNada » 23 Mar 2015, 09:12

Grazas, SerieDecrecente... Benvidos e moito ánimo con eses proxectos.

Por certo, que xa sabedes que na sección privada do foro estamos a falar dun proxecto audiovisual, así que vos convidamos a coñecelo e participar aí como colaboradores: viewtopic.php?f=24&t=51
VesperaDeNada
Administrador do Sitio
 
Mensaxes: 94
Rexistrado: 28 Feb 2014, 11:04


Volver a Divulgación do Peak Oil

Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Ningún usuario rexistrado e 1 convidados

cron