A metodoloxía dos escenarios

Debate sobre estratexias e métodos para a divulgación e comunicación social ou persoal do Teito do Petróleo e das súas consecuencias, así como o cambio social necesario.

A metodoloxía dos escenarios

Mensaxepor Casdeiro » 16 Mar 2014, 22:47

Probade a usar esta maneira de razoar, moi utilizada nos máis diversos e serios ámbitos políticos e económicos. Tracemos escenarios e combinémolos coas posibles actuacións básicas:

Escenario A: Non pasa nada, o Peak Oil era un bulo, ou sucede unha miragre tecno-enerxética.
Escenario B: A realidade acaba dándonos a razón e o Peak Oil peta con toda a súa dureza derrumbando a sociedade industrial tal e como a coñecemos.

(Por suposto caberían escenarios intermedios ou con matices, pero para explicar a metodoloxía abondarame con eses 2 extremos.)

Agora pensemos en 2 actuacións tamén opostas:

Actuación 1: Non facemos nada, deixámonos levar polo BAU (business as usual) e polo que nos di a tele.
Actuación 2: Actuamos conforme as recomendacións da "Guía para o descenso enerxético" ou publicación análoga.

Agora combinemos os escenarios coas actuacións:

    Escenario A + Actuación 1: Caralludo, todo segue igual. Menos mal que non fixemos caso a eses pirados do Peak Oil...
    Escenario A + Actuación 2: Ben, mudamos a nosa vida e ao final non era necesario. Pero non vivimos tan mal... levamos unha vida sinxela, refixemos as nosas redes sociais, formamos unha comunidade de boa vida, somos máis autosuficientes, gastamos menos... Non resultou imprescindible, pero non saímos mal co cambio.
    Escenario B + Actuación 1: O puto desastre!! Por que non lles faría eu caso aos de Véspera de Nada...
    Escenario B + Actuación 2: Uf, menos mal que me preocupei polo tema e cambiei moitas cousas a tempo. Agora mira ti como está a maioría da xente...

Pódese presentar dunha maneira máis sistematizada e seria, ou facelo coloquialmente nunha conversa con amigos ou familiares. Penso que pode resultarnos moi útil, non si?
Preparándome para o peor escenario, mentres laboro para construír o mellor dos posibles.
Avatar de Usuario
Casdeiro
Socio/a
Socio/a
 
Mensaxes: 262
Rexistrado: 08 Mar 2014, 19:32
Ubicación: Galiza

Re: A metodoloxía dos escenarios

Mensaxepor estevo » 03 Abr 2014, 23:25

Interessante. Moitas das recomendaçons da guia fam sentido para um melhor viver independentemente da ameaça do Peak Oil.

Paradoxalmente isto pode lhe restar credibilidade à mensage. Nom é ilógico suspeitar que algũa gente "quere crer" no Peak Oil porque de feito prefere esse futuro.

Conheço apenas um antecedente do emprego dum argumento semelhante, e nom concordo coa conclusom:

http://en.wikipedia.org/wiki/Pascal%27s_Wager

Seguindo isto, todas e todos deveriamos ser cristiäs (ou muçulmäs, etc) porque qualquer cousa à que renunciemos terrenalmente é finita no tempo e no espaço, no entanto que a glória divina e eterna prometida pola religiom é infinita.

Portanto este é um argumento útil pero hai-no que empregar com coidado. Como um cajato que nos pode ser moi útil mais no que tampouco é prudente carregar peso demais.
estevo
 
Mensaxes: 11
Rexistrado: 03 Abr 2014, 19:02

Re: A metodoloxía dos escenarios

Mensaxepor Casdeiro » 09 Abr 2014, 08:05

estevo escribiu:Interessante. Moitas das recomendaçons da guia fam sentido para um melhor viver independentemente da ameaça do Peak Oil.

Paradoxalmente isto pode lhe restar credibilidade à mensage. Nom é ilógico suspeitar que algũa gente "quere crer" no Peak Oil porque de feito prefere esse futuro.


Pode ser ;) Mais tamén é certo o contrario: que moita (incomparablemente máis) xente non quere crer no Peak Oil porque prefere un futuro como o que nos veu pintando a cultura industrialista desde hai máis de un século. Polo tanto, ambas sospeitas ou certezas anúlanse mutuamente e resulta inútil recorrer a elas. É preferible, no sentido práctico, acodir a unha metodoloxía como a dos escenarios: debuxando simplemente qué pasaría se... e elixir o que máis nos conveña para minimizar as probabilidades do sufrimento máximo.
Preparándome para o peor escenario, mentres laboro para construír o mellor dos posibles.
Avatar de Usuario
Casdeiro
Socio/a
Socio/a
 
Mensaxes: 262
Rexistrado: 08 Mar 2014, 19:32
Ubicación: Galiza

Re: A metodoloxía dos escenarios

Mensaxepor Casdeiro » 09 Abr 2014, 08:12

estevo escribiu:Conheço apenas um antecedente do emprego dum argumento semelhante, e nom concordo coa conclusom:

http://en.wikipedia.org/wiki/Pascal%27s_Wager

Seguindo isto, todas e todos deveriamos ser cristiäs (ou muçulmäs, etc) porque qualquer cousa à que renunciemos terrenalmente é finita no tempo e no espaço, no entanto que a glória divina e eterna prometida pola religiom é infinita.

Portanto este é um argumento útil pero hai-no que empregar com coidado. Como um cajato que nos pode ser moi útil mais no que tampouco é prudente carregar peso demais.


Non lembraba eu o da aposta de Pascal... pero si, a verdade é que podemos dicir que foi un adiantado da metodoloxía dos escenarios. De todos xeitos a conclusión que tiras ti non me parece que deba ser a necesaria, nin tan sequera desde un punto de vista cristián. O único que che di é que resulta mellor apostar a que existe Deus, pero de aí non se deriva que debas profesar relixión (humana) algunha, simplemente que sexas teísta, en calquera das súas formas. Como exercizo filosófico está ben, pero non axuda a avaliar a validez da aplicación dos escenarios ao Peak Oil posto que aquí a cuestión é moito máis simple e non se complica coa derivación Deus->relixión, posto que a a derivación Peak Oil->mudanzas precisas é moitísimo máis simple e hai práctica unanimidade, non así nas consecuencias para a mudanza de vida que se impliquen da existencia de Deus.
Preparándome para o peor escenario, mentres laboro para construír o mellor dos posibles.
Avatar de Usuario
Casdeiro
Socio/a
Socio/a
 
Mensaxes: 262
Rexistrado: 08 Mar 2014, 19:32
Ubicación: Galiza


Volver a Divulgación do Peak Oil

Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Ningún usuario rexistrado e 1 convidados

cron