Slogans que sementarmos nas mentes

Debate sobre estratexias e métodos para a divulgación e comunicación social ou persoal do Teito do Petróleo e das súas consecuencias, así como o cambio social necesario.

Slogans que sementarmos nas mentes

Mensaxepor Casdeiro » 07 Abr 2014, 18:45

O outro día, volvendo da presentación en Tomiño con Xoán Doldán, falamos de que aínda que pareza que non calla tanto como nos gustaría de primeiras a mensaxe que trasmitimos (ou mensaxes) neste tipo de actos son imprescindibles, porque despois a xente, cando sucede algo que eles poden unir ao que escoitaron ou leron anteriormente, é cando produce a mudanza, o "clic" mental preciso para comezaren dar pasos.

É o que eu cada vez máis vencello coas mensaxes que damos aos cativos para que teñan precaución con tal ou cal cousa e que eles non entenden ata que dan de fociños co problema. Entón é cando unen realidade experimentada en persoa + mensaxe trasmitida e se produce a aprendizaxe, a comprensión efectiva da mensaxe. O caso socialmente penso que é moi semellante.

Por iso son tan importantes as frases que resumen de maneira rigorosa e memorable a mensaxe, como a famosa Esta crisis no acabará nunca, de Turiel, ou The Party's over, de Heinberg, ou Your world is about to get a lot smaller... Por iso gustaríame aquí encetar unha recollida de frases que usarmos como slogans, como bombas-mina que sementarmos nas mentes dos que nos escoiten ou lean e que estoupen cando algo na súa realidade cotiá lles faga lembralas e a partir de aí, comprendelas.

Que vos parece? Que frases-slogan coñecedes ou se vos ocorren?
Preparándome para o peor escenario, mentres laboro para construír o mellor dos posibles.
Avatar de Usuario
Casdeiro
Socio/a
Socio/a
 
Mensaxes: 262
Rexistrado: 08 Mar 2014, 19:32
Ubicación: Galiza

Re: Slogans que sementarmos nas mentes

Mensaxepor Casdeiro » 09 Abr 2014, 07:25

Acerca disto, penso que pode ser de utilidade unha grande colección de citas acerca do tema do Peak Oil que veño recopilando desde hai anos. Espero poder facelas dispoñibles dunha maneira cómoda no futuro... De momento podedes ver algunhas delas arriba á esquerda de http://www.cenit-del-petroleo.info/ Non todas teñen frases cotundentes do tipo que suxería (slogans), pero revisándoas penso que é probable darmos con bastantes cousas útiles.
Preparándome para o peor escenario, mentres laboro para construír o mellor dos posibles.
Avatar de Usuario
Casdeiro
Socio/a
Socio/a
 
Mensaxes: 262
Rexistrado: 08 Mar 2014, 19:32
Ubicación: Galiza

Re: Slogans que sementarmos nas mentes

Mensaxepor SitoCosta » 09 Abr 2014, 15:34

"Ata aquí chegamos, a partires de agora seguimos andando..." (ou en bicicleta, ou en burro ou como sexa, pero por nos mesmos, sen gasolina). Non sei, acho que é moi complicado concentrar tanta información, tantos cambios, tantos sentimentos enfrontados nunha soia frase. A ver se os que son de letras dan feito :D
SitoCosta
Socio/a
Socio/a
 
Mensaxes: 28
Rexistrado: 09 Abr 2014, 06:55


Volver a Divulgación do Peak Oil

Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Ningún usuario rexistrado e 1 convidados

cron