por seriedecreceinte » 20 Feb 2015, 21:32
Olá
Moi interesante o tema do documentario do peak oil dende unha optica galega.
Nos acabamos de rematar un documentario sobre movementos socias, do entorno da rede de GNSV, co nome "Pes de Cemento". É un traballo autoproducido. Estamos vendo de conseguir financiación para comezar un proxecto de varios documentarios curtos nos que queremos incluir o decrecemento e o peak oil.
Os motivos de estarmos no foro son: estar en contacto con outras persoas implicadas en creacións similares e expertas en materia de descenso enerxético, non duplicar esforzos á hora de tratar o tema e colaborar se fóra preciso.
O proxecto está moi verde aínda, e os implicados estaremos separados unhas semás por cuestións laborais. En maio retomaríamos o proxecto, a ver se podemos facer algo interesante.
Unha aperta