por SitoCosta » 09 Abr 2014, 16:22
Poño aquí a miña experiencia ó respeto por se a alguén lle vale. Nos levamos na casa decrecendo nos últimos 3 ou 4 anos (somos 2 a miña compañeira e máis eu). A nosa calidade de vida mellorou moito de maneira obxetiva (máis tempo de lecer, ocio máis creativo e incluso remunerado, menos horas de traballo pq precisamos menos cartos para o día a día, unhas relacions cos amigos e familia moito máis achegadas etc, etc). O caso é que tras ter visto moita info sobre o peak oil (moitos videos en ingles e un programa americano que se chama "Peak Moment" sobre propostas decrecentistas e autoxestión da vida), pois resulta que un día dando un paseo comezo a comentar coa miña compañeira o posible risco que fame que pode haber no futuro (case 7000 millóns de terricolas, o fin da revolución verde, as novas metodoloxías de producción orgánica...), pois podedes crer que da impresión que lle causou estivo toda a fin de semana feita polvo?. Onde estivo a diferenza coa información que estivo recibindo os 4 anos anteriores? unha cousa é o estilo de vida que escollemos voluntariamente e outra cousa é entender en profundidade o problema ó que nos enfrentamos na realidade, que non é unha broma e vai causar moito sufrimento na sociedade (escoller Vs obrigatoriedade). O meu consello no primeiro achegamento a alguén que non coñece o tema sería un plantexamento hipotético e non ser moi ambiciosos para que non se pechen en banda. Algo tipo: "imaxinas que pasaría se para o ano non houbera petroleo??". O primeiro que soen dicir é algo tipo "iso non vai pasar..." resposta: "por qué non?, ti soio imaxina as consecuencias..." , claro, o primeiro que pensan sería no transporte e se moverían o coche con tanta alegría co precio da gasolina a 5 euros o litro. Pero cando asimilan iso e lle comezas a plantexar cuestións coma os plásticos, as resinas, desplazamentos de mercadorías e alimentos, desabastecementos, e sobre todo a custión alimentaria chega un momento no que se sinten moi incómodos. Polo que me ten pasado con moitos amigos e coa familia, o mellor é deixar a conversa xusto neste punto, creándolles dúbidas na súa seguridade de que haberá sempre fontes de enerxía. Habitualmente, en menos de unha semán son eles mesmos quen che voltan a sacar o tema (normalmente coa solución de que a tecnoloxía xa inventará algo, un argumento fácilmente rebatible como acabamos de ler), se son eles que sacan o tema, a túa semente xa prendeu, e iso implica que se non os aturdes con toda a info, se non que lla vas dando ós pouco e con tempo para asimilar, ó final moitos deles rematan facendose decrecentistas (meu irmán xa traballa unha horta, miña nai está a aprender a andar en bici, eu vexo que o noso exemplo xenerou cambios impensables anteriormente ó noso arredor...). E nunca nos sorprendamos das diferentes reaccións. Se a miña compañeira tras anos neste estilo de vida, levou tal impresión cando asimilou que no futuro isto non será unha opción senón unha obriga, pensade na posición negacionista que moitos dos nosos achegados se poñerán se somos demasiado bruscos/insistentes co tema (todo dentro da urxencia evidente do cambio que temos que tecer).
Por outra banda falando con xente da miña comarca que está no activismo sociopolítico, o tema non é de todo descoñecido, é máis, moitas das propostas que tentamos levar a cabo acóllense moi ben debaixo deste paraugas do descanso enerxético, a vida sinxela, a comunidade, o decrecemento e o anticapitalismo. Moitas veces as etiquetas non nos deixan chegar á conclusión de que dende diferentes puntos de vista todas falamos do mesmo.