por emilioroman » 17 Feb 2015, 17:40
eu quero achegar unha experiencia miña.
Dende casi primeiros de ano, decidín probar a soamente lavar a cabeza con auga, sen xabón, frotando ben para quitar as peles mortas e a caspa(que non teño, nin tiña).
a verdade é que despois de case mes e medio con este sistema, teño o pelo limpo e non parece grasiento nin nada polo estilo. Tampouco fixen labores que me ensuciaran o pelo (horta ou deporte) en gran cantidade. pero a realidade é que ata me parece que me cae menos pelo e todo. sigo co meu experimento, penso darlle uns meses mais, e se sigue funcionandome, implantareino na miña vida cotiá.
para o corpo sigo utilizando o xabón que facemos nós (aceite de oliva virxe extra e sosa, con algún aceite esencial para darlle olor), pero supoño que si o do pelo me vai ben, lavarme o corpo enteiro só con auga será o próximo paso.