Páxina 1 de 1

Alternativa sinxela ao champú

MensaxePublicada: 18 Set 2014, 10:01
por Casdeiro
Hoxe vin esta nova no coñecido webzine TreeHugger e penso que pode interesar a moita xente probalo, aínda que non teño idea de se será axeitado para todo tipo de cabelos. :!: Ollo con iso.

http://www.treehugger.com/organic-beaut ... later.html

Re: Alternativa sinxela ao champú

MensaxePublicada: 19 Set 2014, 09:10
por xoquinhas
Está bem, senóm fora que o bicarbonato sódico, também é um produto industrial.... Ou pódese obter na casa?

Re: Alternativa sinxela ao champú

MensaxePublicada: 08 Out 2014, 17:42
por emilioroman
Non sei no caso do champú, pero un xabón feito a base de cinza(xabon lagarto, creo) é totalmente viable facelo na casa.

aqui van un par de webs que falan de como facelo:

http://www.ecototal.com/autosuficiencia ... ral-casero

http://ecolisima.com/como-hacer-jabon-e ... de-madera/

Re: Alternativa sinxela ao champú

MensaxePublicada: 22 Out 2014, 10:35
por Casdeiro
emilioroman escribiu:Non sei no caso do champú, pero un xabón feito a base de cinza(xabon lagarto, creo) é totalmente viable facelo na casa.


Eu non son dermatólogo pero penso que un xabón xenérico non é o mellor para o pelo, sobre todo se tes caspa, p.ex. Ou se cadra hai algún xabón natural que si. O que está claro é que a diferenciación xabón para o pelo / xabón para o corpo é moderna, e podería mesmo ser unha creación do marketing para crear necesidades novas :-m

Voulle preguntar a Toni Lodeiro, que sabe moito destas cousas.

Re: Alternativa sinxela ao champú

MensaxePublicada: 29 Out 2014, 14:07
por emilioroman
a primeira persona que coñecín que facía xabons caseiros(a sogra do meu irmán) dicía que o usaba tanto para o corpo como para o cabelo, e o cabelo non tiña pinta de telo mal. Tampouco son dermatólogo nin peluqueiro pero semellaba ter un pelo sano.

Posiblemente é o que dis tí, marketing puro e duro para aumentar as ventas. Ainda que seguro que sí hay productos que van mellor para o pelo(o selenio) non quere dicir que o xabon "xenerico" non sexa bo tamén.

Re: Alternativa sinxela ao champú

MensaxePublicada: 16 Feb 2015, 17:22
por SitoCosta
Aporto a minha experiencia ó respeito do tema. Nos intentamos dende fai un par de anos tirar pola máxima autoxestión na casa, e iso implica tm a cuestión da hixiene. Nos facemos o noso propio xabón (de feito cada día hai máis obradoiros por aquí para que a xente aprenda a facer o xabón). Facémolo con aceite de oliva virxe e con sosa. Para lavar os pratos e a casa usamos aceite que reciclamos da cociña e para nos mesmas usamos o aceite limpo. A nosa experiencia despóis de 2 anos é que nunca imos voltar ó xabón industrial. O feito na casa ten fama de xabón duro, pero non é certo, de feito pra min é máissuave (iso tm depende de certos factores coma o tempo de curación do xabón, que non se utilice moi vivo). Tamén é certo que algunha partida nos sae máis "dura" o notas pq deixa a pel/pelo como seco. Cando é así o que facemos é apartar esa partida para a roupa, pero iso pasa cada vez menos veces. A minha nai e a minha avóa facían o xabón para a casa coas graxas da matanza fundidas e saponizadas con sosa e seica sempre foi o que se usou na casa, e dende logo sempre tiveron un "pelasso" na minha familia materna.

Hai ducias de maneiras e técnicas para cubrir a hixiene persoal saíndo dos circuitos comerciais, os que seguen o método paleo lavan o pelo con vinagre e bicarbonato e están en xeral encantad@s. (era habitual ese método a principios do XX e mirando as fotos da época o certo é que as mulleres tiñan un pelo brillante e san que xa nos gustaría agora).

Re: Alternativa sinxela ao champú

MensaxePublicada: 17 Feb 2015, 17:40
por emilioroman
eu quero achegar unha experiencia miña.

Dende casi primeiros de ano, decidín probar a soamente lavar a cabeza con auga, sen xabón, frotando ben para quitar as peles mortas e a caspa(que non teño, nin tiña).

a verdade é que despois de case mes e medio con este sistema, teño o pelo limpo e non parece grasiento nin nada polo estilo. Tampouco fixen labores que me ensuciaran o pelo (horta ou deporte) en gran cantidade. pero a realidade é que ata me parece que me cae menos pelo e todo. sigo co meu experimento, penso darlle uns meses mais, e se sigue funcionandome, implantareino na miña vida cotiá.

para o corpo sigo utilizando o xabón que facemos nós (aceite de oliva virxe extra e sosa, con algún aceite esencial para darlle olor), pero supoño que si o do pelo me vai ben, lavarme o corpo enteiro só con auga será o próximo paso.