Promovermos a creación de proxectos pospetróleo?

Propostas e información sobre proxectos comunitarios en Galiza orientados a construír resiliencia local ou de utilidade para un país sen petróleo.

Promovermos a creación de proxectos pospetróleo?

Mensaxepor Casdeiro » 18 Dec 2014, 08:16

Eu despois dun ano da publicación da Guía, que xa está a piques de se cumprir, acho en falta noticias de proxectos pospetróleo que axudara este libro a nacer, como era un dos seus principais propósitos. Esas máis de mil sementes que en teoría foron sementadas por todo o país... que froitos deron? Seica aínda é cedo? Seica xa se puxo algo en marcha nalgún lugar do que aínda non temos noticia?

Estas pregúntas lévanme a outra, de tipo estratéxico: deberíamos, desde Véspera de Nada, ser máis proactivos promovendo a creación deses colectivos seminais locais dunha revolución pospetróleo? Que opinades, a xente tanto de dentro como de fóra da asociación? :|
Preparándome para o peor escenario, mentres laboro para construír o mellor dos posibles.
Avatar de Usuario
Casdeiro
Socio/a
Socio/a
 
Mensaxes: 262
Rexistrado: 08 Mar 2014, 19:32
Ubicación: Galiza

Volver a Proxectos pospetróleo

Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Ningún usuario rexistrado e 1 convidados

cron