Ola Estevo:
O proxecto que queremos comezar ubícase no noroeste de Galiza, no termo municipal de Miño, en pleno Golfo Ártabro.
Nós xa levamos 20 anos vivindo aquí, reconstruimos unha casa de labranza dos meus abós e labramos unha pequena horta para autoconsumo inscrita no CRAEGA. Temos turismo rural e tamén unha pequena conserveira. Agora é momento de reorientar as cousas, así que fai un par de anos empezamos a impartir algúns cursos sobre bioconstrucción, agricultura ecolóxica, elaboracións caseiras de conservas, cervexa, mesmo algún de fiado de lá. Todos eles enfocados á autosuficiencia e co peak oil como telón de fondo. Agora trátase de dar un paso máis e configurar algo máis elaborado e estable, que nos permita facer a nosa propia transición e máis ao mesmo tempo que axude á resiliencia da comunidade, que actúe como xermolo na zona máis inmediata máis que sexa visitable por calquera persoa que queira reproducilo. Que sirva tamén para aprender a persoas de lugares máis afastados.
Estamos na tarefa de definir polo miudo o funcionamento e os obxetivos do centro, de momento a actividade céntrase nos cursos, pero a idea é facer máis cousas, xornadas de distintos colectivos, conferencias abertas ao público en xeral. Tamén recibimos voluntariado dende fai moito tempo. Podes consultar máis cousas no noso blog
www.pousadoira.com/centro-resiliencia que como che digo ainda está en construcción, e se queres calquera outra información podes poñerte en contacto con nós no correo
info@pousadoira.com