por santiagocrecente » 11 Set 2014, 21:37
Eu, aínda que me gustaría ser máis optimista, penso que concordo máis coa postura de Casdeiro. Se ben dende o punto de vista da mentalidade actual volver aos 60 xa sería algo inaudito, moito me temo que o colapso será moi duro, pensando na cantidade de xente que somos hoxe en día e nas carencias que un escenario pobre en enerxía levará asociado. Seguramente o peor veña dende o punto de vista alimentario, e iso que considero que Galicia pode ser un lugar privilexiado... ¿que farán no medio e medio de Madrid?