Páxina 1 de 1

A Guía coma audiolibro?

MensaxePublicada: 26 Ago 2014, 14:44
por Osoe
Teño a guía e está a parecerme moi interesante. A mágoa é que non teño moito tempo para poder ler e avanzo moi lentamente. Escoito moitos podcast e audiolibros mentres traballo e sería xenial podela tamén escoitar. Creo que axudaría moito na difusión do que nela se aporta, xa que supoño que a moitas persoas lles pasará coma min.

Deixo ahí a suxerencia por si acaso fora posible. Igual entre varias persoas se podería facer. Pola miña parte non teño experiencia sobre como facelo pero si se pudiera levar a cabo contade coa miña humilde colaboración para o que pudiera facer.

Noraboa polo prexecto. Creo que podemos estar ou non dacordo con que na guía se propón pero o realmente valioso e fomentar o debate e a difusión para que as propostas se vaian moldeando a través de pasar de persoa a persoa.

Re: A Guía coma audiolibro?

MensaxePublicada: 26 Ago 2014, 18:07
por VesperaDeNada
Grazas pola idea, e benvida ao foro, Osoe :-)

Acerca do que propós vóullelo comentar aos compañeiros a ver qué opinan e que che respondan aquí mesmo.

Re: A Guía coma audiolibro?

MensaxePublicada: 09 Mai 2015, 08:59
por Casdeiro
VesperaDeNada escribiu:Grazas pola idea, e benvida ao foro, Osoe :-)

Acerca do que propós vóullelo comentar aos compañeiros a ver qué opinan e que che respondan aquí mesmo.


De momento non respondeu ninguén. Voullo comentar a un compañeiro que ten un amigo dobrador e a ver cánto podería saír en cartos isto.

Desculpa, que o outro día cando falamos do tema en persoa, non lembraba a mensaxe.