EZLN, PKK: inspiración para nova institucionalide galega?

Debate político relacionado co Teito do Petróleo e aspectos relacionados do colapso. Política a nivel galego, español, europeo e internacional (xepolítica).

EZLN, PKK: inspiración para nova institucionalide galega?

Mensaxepor Casdeiro » 16 Xuñ 2015, 08:50

Onte, da charla que deu Luis González Reyes en Compostela, e nas conversas posteriores, reflotoume na cachola esa idea de levantarmos unha institucionalidade paralela no país, ao estilo zapatista (o García opina que o Curdistán é un modelo máis acaído, pois os indíxenas maias non teñen que facer esa volta atrás cultural que nós precisamos en boa medida, pois están moito menos modernizados), unha insitucionalidade paralela á estatal. Penso que isto encaixa moitos coas ideas que levan tempo espallando entre nós o Partido da Terra, Carlos Calvo, etc. Da nosa propia Guía para o descenso enerxético penso que se pode destilar tamén moito desa idea.

Con todo, penso que debería ir cristalizando xa todo isto nun novo movemento social e político galego, é dicir un zapatismo de noso, un movemento polo confederalismo democrático ao estilo galego (concello aberto, etc.)... algo cun nome, unha bandeira, símbolos nosos, textos fundacionais... E así conformarmos xa un contrapoder emerxente que dialogase co Estado por unha banda e co conxunto da sociedade polo outro, ao tempo que levanta nova institucionalidade popular. Ben, é tan só unha idea que lanzo aquí a ver qué resonancia acha.
Preparándome para o peor escenario, mentres laboro para construír o mellor dos posibles.
Avatar de Usuario
Casdeiro
Socio/a
Socio/a
 
Mensaxes: 262
Rexistrado: 08 Mar 2014, 19:32
Ubicación: Galiza

Volver a Política e Peak Oil

Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Ningún usuario rexistrado e 1 convidados

cron