Onte, da , e nas conversas posteriores, reflotoume na cachola esa idea de levantarmos unha institucionalidade paralela no país, ao estilo zapatista (o García opina que o Curdistán é un modelo máis acaído, pois os indíxenas maias non teñen que facer esa volta atrás cultural que nós precisamos en boa medida, pois están moito menos modernizados), unha insitucionalidade paralela á estatal. Penso que isto encaixa moitos coas ideas que levan tempo espallando entre nós o , , etc. Da nosa propia penso que se pode destilar tamén moito desa idea.
Con todo, penso que debería ir cristalizando xa todo isto nun novo movemento social e político galego, é dicir un zapatismo de noso, un movemento polo confederalismo democrático ao estilo galego (concello aberto, etc.)... algo cun nome, unha bandeira, símbolos nosos, textos fundacionais... E así conformarmos xa un contrapoder emerxente que dialogase co Estado por unha banda e co conxunto da sociedade polo outro, ao tempo que levanta nova institucionalidade popular. Ben, é tan só unha idea que lanzo aquí a ver qué resonancia acha.