Si ves o cambio, fai historia.

Aspectos culturais, éticos, emocionais, psicolóxicos e espirituais da transición a un mundo pospetróleo.

Si ves o cambio, fai historia.

Mensaxepor Coz_Forge » 25 Mar 2014, 13:28

Cando penso en todos estes ultimos anos. Os anos que viviron meus pais, as vidas rutinarias polas que se deixaron deslizar. Un mundo que achicounnos e deixounnos dubitativos a cambios. Cando penso nunha vida sen paixón, sen aventura, sen riscos,... onde está o éxito de crecer? A nós tócannos o cambio de escenario onde temos que erguernos e enderezar o desastre que se foi acumulando ata os nosos días. Temos as ferramentas, temos os coñecementos, temos que ter a coraxe de marcar o ritmo. É o noso momento de abrir novos camiños, de enfrentarnos a inseguridade colectiva. Só necesitamos enfocar a nosa enerxía en crear, en volver a erguernos cando tropecemos, en non mirar o que nos falta, mirar que podo aportar.

Unha soa persoa coa información e as ferramentas actuais pode facer cousas increibles. Sendo varios, mostrando solucións, sendo exemplo... facemos historia.
Coz_Forge
Socio/a
Socio/a
 
Mensaxes: 3
Rexistrado: 25 Mar 2014, 13:00

Re: Si ves o cambio, fai historia.

Mensaxepor Begonha » 26 Mar 2014, 15:40

Verdadeiramente, o momento que estamos a vivir é moi interesante. Sempre pensei que á nosa xerazón, os do baby boom, nos tocara un momento histórico mediocre, pero as cousas viraron rapidamente, e temos un dos maiores retos da humanidade por diante, ser capaces de demostrar que a intelixencia que nos diferencia dos demáis seres vivos e que nos levou tan alto na escala evolutiva, realmente nos pode servir para sobrevivir ao climax, onde outras especies simplemente colapsarían e extinguiríanse
Begonha
Socio/a
Socio/a
 
Mensaxes: 27
Rexistrado: 04 Mar 2014, 12:19

Re: Si ves o cambio, fai historia.

Mensaxepor Casdeiro » 20 Mai 2014, 10:48

Begonha escribiu:ser capaces de demostrar que a intelixencia que nos diferencia dos demáis seres vivos e que nos levou tan alto na escala evolutiva, realmente nos pode servir para sobrevivir ao climax, onde outras especies simplemente colapsarían e extinguiríanse


Véxote optimista, Begoña :-D ...polo de agora os feitos o único que demostran é que a nosa intelixencia colectiva está ao nivel dos lévedos :arrow: http://www.detritivoros.com
Preparándome para o peor escenario, mentres laboro para construír o mellor dos posibles.
Avatar de Usuario
Casdeiro
Socio/a
Socio/a
 
Mensaxes: 262
Rexistrado: 08 Mar 2014, 19:32
Ubicación: Galiza


Volver a O cambio interior e cultural

Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Ningún usuario rexistrado e 1 convidados

cron