Cando penso en todos estes ultimos anos. Os anos que viviron meus pais, as vidas rutinarias polas que se deixaron deslizar. Un mundo que achicounnos e deixounnos dubitativos a cambios. Cando penso nunha vida sen paixón, sen aventura, sen riscos,... onde está o éxito de crecer? A nós tócannos o cambio de escenario onde temos que erguernos e enderezar o desastre que se foi acumulando ata os nosos días. Temos as ferramentas, temos os coñecementos, temos que ter a coraxe de marcar o ritmo. É o noso momento de abrir novos camiños, de enfrentarnos a inseguridade colectiva. Só necesitamos enfocar a nosa enerxía en crear, en volver a erguernos cando tropecemos, en non mirar o que nos falta, mirar que podo aportar.
Unha soa persoa coa información e as ferramentas actuais pode facer cousas increibles. Sendo varios, mostrando solucións, sendo exemplo... facemos historia.