O de pensar na horta tamén en vertical é imprencindibel na nosa terra sobre todo co minifundismo que hai na costa. Será evidente que tenderemos a valorar máis a proteína procedende das legumes e haberá que optimizar o espazo ó máximo tm coas curcubitaceas e trepadoras. Eu que cultivo en horta na terraza do apartamento onde vivo non creo que cultivar en vertical implique máis traballo. Igual plantando en tarros si pq tes que ter a terra en estado óptimo, regar con frecuencia, abonar etc etc, pero en horta o traballo é case o mesmo que co resto de plantas. Igual a maiores dispoñer unha parra ou unha canisada (non sei como chamades nas vosas zonas as estructuras de canas para que suban as xudias). Nunha horta madura cos seus frutais haberá que aprender a aproveitar as sinerxias coma a que a árbore préstase de percha ás trepadoiras e moitas veces serán estas as que aporten nitróxeno e acolchado á árbore.
Este fulano por exemplo acadou, nun an, unha producción de 83 kilos de producto nun balcón de algo menos de 2 x 3 metros http://www.verticalveg.org.uk/how-much- ... a-balcony/ . O balcón é este http://www.verticalveg.org.uk/my-growing-diary/ Claro, iso é un récord e estou seguro que require moito tempo adicado, pero ollo a como se aforra traballo co sistema de rega por reservorios por exemplo http://www.verticalveg.org.uk/diy_water_reservoir/
Estáseme ocurrindo que pode ser interesante ir recopilando información ou enlaces sobre o cultivo en potas e tarros para a xente que permaneza nas cidades. Desgrazadamente o urbanismo non está pensado para as necesidades reais das persoas e non quedará máis remedio que optimizar cada metro de terra ou balcón que se atope, e iso require unha aprendizaxe de técnicas específicas. Se ninguén argumenta en contra abro un fío ó respecto na sección de alimentació, así non mezclamos tanto as cousas.