Mundo Motor -automobilismo-rallys- Galiza

Transición a un lecer local e de baixo consumo enerxético.

Mundo Motor -automobilismo-rallys- Galiza

Mensaxepor Armesto » 28 Abr 2015, 12:49

Gustaríame saber se algunha persoa ten de man bibliografía sobre as competicións de automobilismo que atendan a cuestións como o consumo enerxético, a degradación paisaxística, o fomento dun ocio/lecer agresivo, etc.
Ademáis diso, informarme sobre cal é o posicionamento e que cousas se están a tratar a nivel práctico na iniciativa Concellos Pospetroleo en relación a este asunto -tendo en conta que na Galiza o mundo do motor e os rallys non pasan desapercibidos tanto como ¨deporte¨ polo número de afeccionados, como tipo de turismo promovido polos concellos. Hai algunha proposta? Plantexouse o debate?
Armesto
 
Mensaxes: 5
Rexistrado: 21 Dec 2014, 19:42

Re: Mundo Motor -automobilismo-rallys- Galiza

Mensaxepor Casdeiro » 29 Abr 2015, 06:42

Eu lembro un documental sobre o Decrecemento no que se falaba de activistas franceses que ían ás competicións de automobilismo protestar, pero claro, non eran rallys, senón en circuito, coido eu. E Franza non é Galiza, aínda por riba.

Pero a nivel de estudos non me soa nada.
Preparándome para o peor escenario, mentres laboro para construír o mellor dos posibles.
Avatar de Usuario
Casdeiro
Socio/a
Socio/a
 
Mensaxes: 262
Rexistrado: 08 Mar 2014, 19:32
Ubicación: Galiza

Re: Mundo Motor -automobilismo-rallys- Galiza

Mensaxepor Armesto » 01 Mai 2015, 17:47

Si, ese documentario coñecíao. É sobre simplicidade voluntaria e decrecemento. https://www.youtube.com/watch?v=gtQmmaw8sG0
Resúltame desconcertante que non se fale ou trate do asunto. Coido que debería entrar á cuestión nas propostas para os concellos. Este tipo de ocio impide, baixo o meu punto de vista, calar na sensibilización social dunha Galiza Postpetróleo. Descoñezo as cifras pero o número de competicións de motor na Galiza é inmenso e tanto participantes como siareiros son abundantes, alén dos pasivos que nin cuestionan este tipo de ocio, alén das cifras económicas que move.
Armesto
 
Mensaxes: 5
Rexistrado: 21 Dec 2014, 19:42

Re: Mundo Motor -automobilismo-rallys- Galiza

Mensaxepor VesperaDeNada » 23 Mai 2015, 06:51

Tes razón que non se incluiu un rexeitamento expreso nas medidas municipais. Habería que ver en qué concellos se celebran probas deste tipo dos que están incluídos en http://municipios.pospetroleo.com e engadilo, se cadra como unha ampliación das medidas deste tipo: http://municipios.pospetroleo.com/doku. ... enerxetico
VesperaDeNada
Administrador do Sitio
 
Mensaxes: 94
Rexistrado: 28 Feb 2014, 11:04

Re: Mundo Motor -automobilismo-rallys- Galiza

Mensaxepor Armesto » 25 Mai 2015, 02:10

Si, penso que sería interesante comezar por aí, para que non aparezan cando menos xoias deste tipo: https://twitter.com/impostorarmesto/sta ... 8310204417
Armesto
 
Mensaxes: 5
Rexistrado: 21 Dec 2014, 19:42

Re: Mundo Motor -automobilismo-rallys- Galiza

Mensaxepor Armesto » 22 Xuñ 2015, 03:06

Neste artigo atopei de forma vaga unha mención sobre o mundo do motor e o decrecemento. É do 2012 : ¨Oponernos a los transportes privados de lujo, jets privados, cruceros, petroleros y a los deportes de élite y su despilfarro energético y contaminante. (Automovilismo-Fórmula 1, Paris-Dakar, moto GP etc.)¨
http://www.decrecimiento.info/2012/02/t ... o.html?m=1
Armesto
 
Mensaxes: 5
Rexistrado: 21 Dec 2014, 19:42

Automovilsmo, deporte rei Galiza

Mensaxepor Armesto » 08 Set 2015, 16:10

Desafortunadísimo o acontecido en Carral. No fin desta noticia nomean as carreiras de coches como o deporte rei na Galiza.
http://deportes.elpais.com/deportes/201 ... &link=link
Armesto
 
Mensaxes: 5
Rexistrado: 21 Dec 2014, 19:42


Volver a Lecer

Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Ningún usuario rexistrado e 0 convidados

cron