Mensaxes moderadas?

Avisos, cuestións técnicas, normas de uso, dúbidas de utilización, suxestións, etc.

Mensaxes moderadas?

Mensaxepor VesperaDeNada » 23 Mar 2015, 09:10

Non comprendo por qué, algunhas mensaxes están comenzando a quedar en cola de moderación, cando en realidade o foro estaba configurado (ou debería estar) como de publicación sen moderación previa, unha vez que os usuarios son activados. Teño que revisar a configuración e estar atento por se seguen a quedar mensaxes retidas. Prego desculpas aos afectados :oops:
VesperaDeNada
Administrador do Sitio
 
Mensaxes: 94
Rexistrado: 28 Feb 2014, 11:04

Re: Mensaxes moderadas?

Mensaxepor Xosé Manuel » 20 Abr 2015, 10:46

Eu enviei unha mensaxe pero non aparece.Saudos.Xosé Manuel
Xosé Manuel
 
Mensaxes: 3
Rexistrado: 13 Abr 2015, 10:21

Re: Mensaxes moderadas?

Mensaxepor VesperaDeNada » 28 Abr 2015, 19:02

Si, acabo de vela. Xa podes perdoar. Nin sei por qué o foro as está a moderar nin me chega aviso para eu saber que están pendentes. Algo está mal configurado, isto está claro :oops:
VesperaDeNada
Administrador do Sitio
 
Mensaxes: 94
Rexistrado: 28 Feb 2014, 11:04

Re: Mensaxes moderadas?

Mensaxepor VesperaDeNada » 13 Xuñ 2015, 07:57

Demos localizado onde reconfigurar isto para que os usuarios que aprobamos non pasen directamente o grupo de Usuarios recentemente rexistrados e para que non exista o límite de 3 mensaxes enviadas para que desapareza a moderación previa. Pregamos desculpas a toda as persoas que tivestes que sufrir esta moderación, que en ningún momento configuráramos así pero se cadra nalgunha actualización do software se puxo así automaticamente sen o noso coñecemento :oops:
VesperaDeNada
Administrador do Sitio
 
Mensaxes: 94
Rexistrado: 28 Feb 2014, 11:04

Fin da moderación? (por fin?)

Mensaxepor VesperaDeNada » 01 Feb 2016, 19:08

VesperaDeNada escribiu:Demos localizado onde reconfigurar isto para que os usuarios que aprobamos non pasen directamente o grupo de Usuarios recentemente rexistrados e para que non exista o límite de 3 mensaxes enviadas para que desapareza a moderación previa. Pregamos desculpas a toda as persoas que tivestes que sufrir esta moderación, que en ningún momento configuráramos así pero se cadra nalgunha actualización do software se puxo así automaticamente sen o noso coñecemento :oops:


Polo visto non o fixéramos ben e seguían quedando en moderación mensaxes das persoas incluídas automaticamente no grupo de Usuarios recentemente rexistrados. Agora eliminamos dese grupo a sospeitosos de spammers (cuxo rexistro ninguén aprobara, o cal resulta preocupante) e a toda a xente coñecida vos borramos dese grupo e vos deixamos unicamente no de Usuarios Rexistrados, pois estabades nos 2 e o foro parecía aplicar os permisos máis restritivos cando había dupla pertenza, o cal semella absurdo.

Tamén detectamos 2 ou 3 usuarios normais que estaban no grupo Administradores por erro. Tampouco me digades por que! :cry:

Esperamos que agora ninguén fique moderado. Teremos coidado cando aprobemos novos usuarios de eliminalos do grupo de usuarios recentemente rexistrados, pois non está a dar máis ca problemas, e como temos control de a quen aprobamos, non ten sentido deixalos nese grupo buffer. Así que ficarán directamente no de Usuarios rexistrados.
VesperaDeNada
Administrador do Sitio
 
Mensaxes: 94
Rexistrado: 28 Feb 2014, 11:04


Volver a Acerca do foro

Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Ningún usuario rexistrado e 0 convidados

cron