Cal será a máxima poboación de Galiza tras o Peak Oil?

Como alimentarmos sen petróleo. Agroecoloxía, soberanía alimentar, produción sustentable de alimentos, permacultura, etc.

Cal será a máxima poboación de Galiza tras o Peak Oil?

Mensaxepor Casdeiro » 06 Out 2015, 11:56

É un tema que xa me ten preocupado no pasado e sobre o que seguirei a dar voltas...

Pero a raíz dos datos que fun recopilando noutro fío deste foro e a partir de datos achegados polo compañeiro Calín e outros que saquei de Internet, fixen a seguinte deducción:

Segundo os cálculos de Bouhier para o sistema agrario tradicional galego e tomando como partida a cifra de 700.000 ha de superficie agraria, precisaríamos para mantela a base de fertilizante verde do monte, unhas 1.400.000 ha de monte (que non podería ser precisamente de eucaliptal!). Con iso, se désemos feito como na illa de Tikopia (salvando as distancias climáticas, etc.) poderiamos soportar (é un cálculo ao bruto de todo!)... 1 km2 = 100 ha :arrow: 300 habitantes :arrow: :arrow: 2.100.000 habitantes (agora temos máis de 2.700.000).

Como seica contamos con 2.039.574 ha de superficie forestal, teríamos como unhas 600.000 ha sobrantes para uso madeireiro, e outros. Aínda que, pensándoo ben, se usamos un sistema intelixentemente multifuncional do monte, as mesmas ha que usásemos para monte poderían ser usadas para madeira, etc. e esas 600.000 poderían quedar para servizos ecosistémicos, en estado máis salvaxe... Ou, alternativamente, destinalas a aumentar a fertilidade doutras 200.000 ha agrarias roubadas ao monte, o cal nos permitiría (en teoría) soster 600.000 persoas máis.

E agora que me decato... Resulta que a superficie forestal nos dá a cifra aproximada de habitantes que podemos soster! Que curioso! 2.000.000 ha
forestais => 2.000.000 habitantes.
Preparándome para o peor escenario, mentres laboro para construír o mellor dos posibles.
Avatar de Usuario
Casdeiro
Socio/a
Socio/a
 
Mensaxes: 262
Rexistrado: 08 Mar 2014, 19:32
Ubicación: Galiza

Re: Cal será a máxima poboación de Galiza tras o Peak Oil?

Mensaxepor Casdeiro » 07 Out 2015, 08:11

Copio a opinión do noso compañeiro Xoán Carlos Carreira, expresada na lista interna de Véspera de Nada:

Respeito das contas de botas, a grandes rasgos é asi. Mais convén algunha matizacion:

1.- O esterco co que se abonaba o cultivo cando Bouhier fixo a sua tese era a mestura de toxo, xesta, etc coas dexecións animais. Non sei si terá o mesmo valor fertilizante usando só compost vexetal ( como fai abonos Lourido). Polo tanto haberia que estudar a dia de hoxe se a relación 2/1 segue a ser valida.
2.- Non todas as 700.000 Has de SAU haberia que abonalas. Eu entendo que os prados naturais non fai falla abonalos de maneira sistematica. E estamos falando de aproximadamente 300.000 Has. E dicir que necesitariamos monte para subministrar abono para 400.000 Has. aproximadamente.
3.- Como ti ben dis, o monte nun uso racional admite usos compatibeis: arbolado con pastoreo; mato con pastoreo ou mesmo en certas condicions mato e arborado.
4.- E dicir que teriamos marxe para esas 600.000 persoas das que falas e penso que algunha mais ( haberia que botar contas).
5.- A capacidade de alimentarnos a nos mesmos seria moito maior ( e con menos impacto ambiental) se a nosa dieta fose cambiando cara un menor consumo de produtos animais e un maior consumo de produtos vexetais, xa que a producions de alimentos para o gando consume mais terra que as producions para consumo humano directo.
Preparándome para o peor escenario, mentres laboro para construír o mellor dos posibles.
Avatar de Usuario
Casdeiro
Socio/a
Socio/a
 
Mensaxes: 262
Rexistrado: 08 Mar 2014, 19:32
Ubicación: Galiza


Volver a Alimentación

Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Ningún usuario rexistrado e 0 convidados

cron