Un colapso

A civilización industrial afronta o seu colapso a causa da queda irreversible da súa base enerxética principal: o petróleo. Non hai enerxía que poida substituír o petróleo a tempo e na escala precisa para seguir termando da sociedade de consumo capitalista.

Un país

Galiza, despois dun proceso recente e incompleto de industrialización, atópase con que ese modelo económico e social está a deixar de ser viable, e debe volver de novo a súa ollada ao rural para buscar a súa única riqueza real.

Un libro

Máis de dous anos de pescuda e análise para compilar unha guía que axude a galegas e galegos a nos adaptarmos con urxencia a un contexto totalmente novo e imprevisto, a construír unha Galiza sen petróleo.

Unha revolución

Tras o petróleo ábrese un periodo inédito na historia humana. Un periodo de riscos e ameazas como nunca antes tivo que afrontar a nosa especie. Pero tamén unha crise que pode dar nacemento a unha sociedade radicalmente diferente.

Esta semana presentamos a Guía en Betanzos, en Lugo e en Cuac FM

Mañá mércores 9 de abril comezamos en Betanzos. Nun acto que terá...

08th Abr

5 de abril: Presentamos a Guía cun dos Concellos coeditores (Tomiño)

Xoán Doldán e Manuel Casal presentarán en Tomiño a «Guía para o descenso enerxético» xunto co Concello, un dos que apoiaron a publicación do libro.

04th Abr

Mañá 3 de abril en Redondela: Sementando a Revolución Pospetróleo

Mañá será a 2ª das nosas presentacións da Guía / encontro cos...

02nd Abr

Sementando a Revolución Pospetróleo: novas datas e lugares de presentación (Abril e Maio 2014)

Xa temos novas datas e lugares fixados na nosa axenda para presentar...

26th Mar

Presentamos a Guía en Pontevedra: Sementando a Revolución Pospetróleo

En paralelo ao comezo dos envíos da Guía para o descenso enerxético...

07th Mar

Comeza a distribución da Guía! Comeza a REVOLUCIÓN!!

Marzo de 2014. A saída da Guía para o descenso enerxético —despois...

03rd Mar

A publicación da nosa Guía, en La Voz de Galicia

Onte, domingo 23 de febreiro, saiu publicada unha reseña da aparición da...

24th Feb

En marzo comezaremos a distribución da Guía

Despois dun laborioso proceso de maquetación e corrección que se prolongou case...

08th Feb

A «Guía para o descenso enerxético» en Altermundo

O suplemento Altermundo publicado coa revista Tempos Novos o pasado mes de...

20th Dec

Remata con éxito a campaña de financiamento colectivo da Guía!

Pero aínda se poden facer achegas ata o día 10 de novembro.

28th Out

Xoán R. Doldán: «Tras o petróleo a xente verá que pode vivir ben sen as mentiras do capitalismo.» (Entrevista VIII)

Na derradeira entrevista en vídeo da campaña promocional da Guía para o...

26th Out

Xabier Vázquez Pumariño (Entrevista VII cos membros de Véspera de Nada)

Nesta ocasión é Xabier Vázquez Pumariño, biólogo e consultor ambiental, quen nos...

25th Out