Un colapso

A civilización industrial afronta o seu colapso a causa da queda irreversible da súa base enerxética principal: o petróleo. Non hai enerxía que poida substituír o petróleo a tempo e na escala precisa para seguir termando da sociedade de consumo capitalista.

Un país

Galiza, despois dun proceso recente e incompleto de industrialización, atópase con que ese modelo económico e social está a deixar de ser viable, e debe volver de novo a súa ollada ao rural para buscar a súa única riqueza real.

Un libro

Máis de dous anos de pescuda e análise para compilar unha guía que axude a galegas e galegos a nos adaptarmos con urxencia a un contexto totalmente novo e imprevisto, a construír unha Galiza sen petróleo.

Unha revolución

Tras o petróleo ábrese un periodo inédito na historia humana. Un periodo de riscos e ameazas como nunca antes tivo que afrontar a nosa especie. Pero tamén unha crise que pode dar nacemento a unha sociedade radicalmente diferente.

César Santiso (EU): «Esta Guía significa o comezo da andaina colectiva máis importante da historia de Galiza»

O voceiro de EU na Coruña fálanos das consecuencias do "peak oil" e das medidas que cómpre tomar, dando relevancia ao papel da nosa Guía.

13th Out

Cuba: un referente para a fin do petróleo

O seguinte texto é un adianto da Guía para o descenso enerxético....

11th Out

Joám Evans (PT): «Um manual de bricolagem para reparar um tecido social ruinoso»

Esta Guia oferece não apenas motivos, ideias e conselhos para uma mudança integral de paradigma, mas também uma visão relativamente esperançosa do que poderia ser uma Galiza sem petróleo.

10th Out

Antón Sánchez (AGE): «Esta Guía é un traballo imprescindible. Nela está parte do noso futuro.»

Antón Sánchez García, labrego, membro de Anova Irmandade Nacionalista e deputado por...

08th Out

«O éxodo ao rural vai ser impulsado polo agravamento da crise.» Entrevista con X.R. Doldán en Radio Cerna

O pasado día 1 de outubro emitíase unha entrevista realizada por Radio...

06th Out

Membros de Véspera de Nada falan da Galiza pospetróleo (II)

Hoxe publicamos o segundo dos vídeos no que os nosos membros dan...

04th Out

Carlos Taibo: «É importante apoiar a edição deste livro»

Carlos Taibo fala da "Guía para o descenso enerxético", o libro de Véspera de Nada.

29th Set

Sermos Galiza entrevista a Xoán R. Doldán co gallo da «Guía para o descenso enerxético»

Hoxe publicouse na edición dixital de Sermos Galiza unha extensa entrevista con...

28th Set

Moito máis ca un libro

Esta é sen dúbida a característica máis poderosa da Guía, e a que máis nos ilusiona: ser xermolo de mudanza na Galiza.

27th Set

Os membros de Véspera de Nada falan da Galiza pospetróleo (I)

Comparte o primeiro dos nosos novos vídeos onde falamos sobre a Guía para o descenso enerxético e sobre como será a Galiza pospetróleo.

25th Set

A nosa Guía, recomendada por Pedro Prieto

Pedro Prieto louva e recomenda a nosa Guía para o descenso enerxético.

22nd Set

Antía Barba, ilustradora da Guía, 1º premio Novos Valores

Parabéns Antía por este merecido recoñecemento á túa arte!

21st Set