Véspera de Nada

A Guía para o descenso enerxético é un proxecto da Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo.

Véspera de Nada nace coa intención de tender pontes entre todos aqueles colectivos, iniciativas e persoas que buscan un futuro para a nosa terra nun contexto de escaseza enerxética permanente que xa comezou.

Queremos concienciar á poboación galega acerca do fenómeno do cénit da extracción mundial de petróleo e dar a coñecer as opcións que temos como individuos e como país para afrontar esta punto de inflexión na Historia da Humanidade.

Membros de Véspera de Nada, 2011

O nome provén do refrán galego: Día de moito, véspera de nada, usado tradicionalmente para advertir da temporalidade da abundancia, de que aos tempos de fartura e desbaldir seguen necesariamente tempos de escaseza, e que nos serve para describir a situación da sociedade industrializada actual, afeita ao desbaldimento enerxético e de recursos, abocada a un futuro onde o petróleo, motor desa abundancia, xa non estará accesible.

Véspera de NadaNa actualidade preside a nosa asociación Xoán Ramón Doldán García, profesor de Economía Aplicada na USC, ex-director do INEGA e tamén presidente da Asociación de Economía Ecológica en España. Outros coñecidos membros de Véspera de Nada son Manuel Casal Lodeiro, Manuel Amigo, Begoña de Bernardo, Xabier Vázquez Pumariño, Nela Abella, Joám Evans, Víctor Boga… A todos eles podes escoitalos nas entrevistas en vídeo realizadas con motivo da campaña para a publicación da Guía para o descenso enerxético.

Podes ler máis sobre nós e as nosas actividades no noso web e seguirnos en Twitter ou na nosa canle en Youtube.

18 Responses to “Véspera de Nada”

  • Hola amigos de galicia soy argentino y estuve por allí visitando el parque de los ancares, alli está todavía la casa de piedra en riamonte de riba, que era de mi abuela, cerca de San Miguel, tienen el verde más hermoso del mundo, ojalá que el fin del petróleo, nos encuentre medianamente preparados, la tradición galega, de sobreponerse a las dificultades, tiene mucho que enseñar al mundo, los felicito y ¡adelante!

  • Becara Véspera:

    Participo na Alianza por el Clima, en Madrid, náis non atopéi vencello convosco. ¿Hay alguén, aquí en Madrid, que vos represente?

    Si tedes algués dádelle o meu e-mai.

    Graciñas e saudos.

    Delfín

Trackbacks & Pings

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.