Antón Sánchez (AGE): «Esta Guía é un traballo imprescindible. Nela está parte do noso futuro.»

On 08/10/2013 by Véspera de Nada

Antón Sánchez GarcíaAntón Sánchez García, labrego, membro de Anova Irmandade Nacionalista e deputado por AGE no Parlamento de Galiza, compartiu estas reflexións acerca da nosa Guía para o descenso enerxético:

Teño o convencemento de que tan importante coma o traballo de oposición ao capitalismo é mostrar que outro mundo é posible.

Pero, temos alternativa a éste mundo?

Creo que se están a xestar entre os sectores máis activos da sociedade, e entre elas deberán de estar publicacións coma a “Guía para o descenso enerxético” traballo imprescindible porque a alternativa pasa por respetar os límites ecolóxicos do planeta, sen quedarse no terreno do teórico e baixando ao concreto, que é onde se demostra de verdade o compromiso.

Porque o compromiso coa ecoloxía probablemente o suscribirían dirixentes e políticos e cidadáns de todas as ideoloxías, pero moi poucos teñen vontade ou se atreven a traducilo en medidas concretas.

Ésta Guía é unha procura de alternativas baseadas no coñecemento, na cooperación, no respeto ao entorno.

Galiza conta cunhas condicións óptimas para levar políticas baseadas nos principios da soberanía alimentaria e a soberanía enerxética, e so o poder das multinacionais da alimentación e o oligopolio enerxético nolo impiden.

Que vexamos que hai opcións mellores e posibles, é fundamental para que lles gañemos a batalla.

Asumindo que este irracional ritmo de consumo capitalista é suicida, é preciso xa elaborar políticas nos eidos da alimentación e agricultura, de como obter a enerxía que precisamos, de como consumir menos, de organizarnos para movernos menos e contaminando menos, etc.

E para eso miramos cos ollos moi abertos o traballo de xente coma a que está a traballar na “Guía para o descenso enerxético”.

Compre que apoiemos ésta iniciativa, porque nela está parte importante do futuro.

Grazas polo voso traballo.

“Tengo pocas cosas, es cierto, las mínimas, pero solo para poder ser rico.
Quiero tener tiempo para dedicarlo a las cosas que me motivan. Y si tuviera muchas cosas tendría que ocuparme de atenderlas y no podría hacer lo que realmente me gusta.
Esa es la verdadera libertad, la austeridad, el consumir poco.”
José Mújica (Presidente da República Oriental do Uruguai)

Trackbacks & Pings

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.