En marzo comezaremos a distribución da Guía
![Capa da Guía (Ilustración: Antía Barba Mariño)](http://galiza.pospetroleo.com/wp-content/uploads/2013/09/capa-guia-descenso-enerxetico-vespera-de-nada-galiza-sen-petroleo-BY-Antia-Barba-Marinho.png)
Capa da Guía (Ilustración: Antía Barba Mariño)
Entre revisión das probas de imprenta e o propio proceso de impresión final calculamos que para comezo do mes de marzo, a Guía estará xa fisicamente nas nosas mans e que poderemos comezar a enviar os exemplares a todos os mecenas que a fixestes posible. Entre eles queremos salientar 3 coeditores institucionais que chegaron despois de pecharmos a campaña en Verkami: son os Concellos de Rianxo, Teo e Tomiño. Grazas a eles puidemos ampliar a tiraxe e facela de maior calidade: 316 páxinas (24 delas a cor coas magníficas ilustracións de Antía Barba Mariño a toda páxina) en papel reciclado con cuberta tamén a base de papel reciclado.
A partir de marzo comezaremos as presentacións da obra, en paralelo á súa distribución (directa ou postal aos mecenas, e en librarías e por Internet ao resto do público). Atentos a este blog onde iremos anunciando todos eses actos, que tamén serán de debate cos mecenas e lectores que en cada punto do país vos interesastes por esta publicación.
Namentres, continuaremos a preparar o foro e outros contidos online relacionados coa obra e a necesaria revolución pospetróleo que quere axudar a prender en Galiza.
Grazas a todos vós pola paciencia. 🙂