Presentamos a Guía en Pontevedra: Sementando a Revolución Pospetróleo

On 07/03/2014 by Véspera de Nada

capa-guia-descenso-enerxetico-vespera-de-nada-galiza-sen-petroleo-BY-Antia-Barba-MarinhoEn paralelo ao comezo dos envíos da Guía para o descenso enerxético aos máis de 250 mecenas que a fixeron posible, estamos a organizar actos que denominamos “Sementando a Revolución Posopetróleo” por diversos puntos do país, nos que presentaremos a Guía, estabeleceremos contacto persoal cos mecenas locais e abriremos un debate en torno ás accións urxentes que a sociedade galega debe ir tomando para se preparar para a queda da civilización do petróleo.

O primeiro acto terá lugar o venres 21 de marzo en Pontevedra, organizado coa Asociacion de amigos da Cultura de Pontevedra. Terá lugar na Casa das campás (Vicerreitoria da UdV) na R/ Don Filiberto 9-11, ás 20:00 h, e contará coa presenza de Xoán R. Doldán García, presidente de Véspera de Nada e con Manuel Casal Lodeiro, coordinador da Guía. No encontro aproveitaremos para repartir os exemplares aos mecenas que nos confirmen previamente a súa asistencia (mediante email ou comentario ao pé desta nova, indicando o seu nome de mecenas en Verkami) e que aínda non os recibiran por vía postal. A asistencia será libre ata completar aforo.

[Actualización 21/03/14 11:36] Engadimos o cartaz preparado polos organizadores, e ligazón á noticia do evento no seu blog:
20140312-VesperaDeNada-Pontevedra-TeitoDoPetroleo-PeakOil-guia-descenso-enerxetico

3 Responses to “Presentamos a Guía en Pontevedra: Sementando a Revolución Pospetróleo”

  • Parabens para tod@s polo tremendo traballo e moita “merda” na presentacion da guia. Agradecese xa que botanse de menos argumentos e propostas contundentes, nestes tempos que afloxan os ventos do pico do petroleo.
    Felicitacions e unha aperta aos amigos e compañeiros de camiño: Casdeiro, Amigo, Xoan e o resto.
    Saudos dende o sul do mundo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.