Presentación central da Guía en Compostela: 15 de maio, ás 19 h
O acto terá lugar na Facultade de Física (Campus Vida, USC), no seu salón de actos, ás 19 h. Presentará o colectivo USC en Transición e participarán por parte da Asociación Véspera de Nada: Xoán Ramón Doldán, Manuel Casal e Ramom Flores, quen explicarán brevemente a situación crítica á que estamos expostos por causa do Teito do Petróleo e como este libro pretende servir de axuda para lle facermos fronte. Tras a presentación, os responsables da publicación responderán preguntas da prensa asistente e encetarán un debate co público acerca destas cuestións e da posibilidade de crear grupos de transición pospetróleo na bisbarra de Compostela.
Agardámosvos neste acto central da nosa xira de presentacións Sementando a Revolución Pospetróleo!
Xa tedes dispoñible o vídeo da presentación, grazas a Galiza Contrainfo, que tiveron a amabilidade de vilo gravar para nos axudar a difundir: https://www.youtube.com/watch?v=AHC0gsrfBG4&list=PL81kbLEtgaOduqwjuv2-BbFijLBcRWjnN&index=2