A «Guía para o descenso enerxético» nas xornadas “Realiméntate 2014” en Lalín (6 de xuño)
Dentro das xornadas Realiméntate 2014 que terán lugar en Lalín, no Restaurante La Molinera (R/ Rosalía de Castro, 15), entre os días 6 e 8 de xuño, Manuel Casal Lodeiro presentará a Guía para o descenso enerxético. O programa para o día 6 (o día para a reflexión) inclúe:
- 19:30 h: Proxección de curtametraxes sobre a temática da alimentación e da sustentabilidade.
- 20:00 h: Presentación do libro «Guía para o descenso enerxético» a cargo de Asociación Véspera da Nada.
- 21:30 h: Menú sustentable de degustación a cargo de Moli onde explicará
como aposta pola sustentabilidade dende a súa cociña.
Realiméntate 2014
REALIMÉNTATE nace o ano pasado da unión da Iniciativa Prato_do e o Restaurante La Molinera, e preséntase cun formato de xornadas de reflexión entorno á alimentación e a como entender unha expresión gastronómica marcada pola nosa orixe.
REALIMÉNTATE achegará a Lalín os días 6, 7 e 8 de xuño a invitados de excepción que participarán nos diferentes debates, presentacións ou ponencias que se celebrarán durante as xornadas. Ademáis, o público que se achegue a Re_Aliméntate poderá degustar unha serie de menús e tapas elaboradas por cociñeiros como Pepe Solla (Casa Solla), Javier Olleros (Culler de Pau) ou Molinera.
3 días, 3 temas, 3 menús, 5 cociñeiros, 1 anfitrión, 6 curtametraxes, presentación dun libro, de 3 proxectos novos e unha mesa redonda multidisciplinar onde proxectar accións para a construcción entorno á alimentación dun novo rural en Galicia.
[…] Un ano máis os organizadores das xornadas en torno á alimentación Realiméntate quixeron contar coa nosa presencia. Así, no último día das xornadas, o domingo 14 de xuño, haberá un debate (Praza de abastos, 19:00 h) acerca de Alimentación e decrecentismo no que participarán dous dos nosos compañeiros que máis coñecen acerca da produción ecolóxica de alimentos e a súa relación coa ética e as políticas decrecentistas: Afonso Fernandes e Víctor Boga (de Millo & Landras). […]