Este xoves 12 presentamos a Guía na Feira do Libro de Ferrol
Este xoves volvemos a Ferrol. Xoán Doldán presentará dentro das actividades da Feira do Libro de Ferrol a Guía para o descenso enerxético. Será o 12 de xuño ás 20 h, na Praza da Constitución.
No acto explicarase o problema do Peak Oil, e presentaremos o libro co que a Asociación Véspera de Nada quere achegar consellos para os galegos se prepararen para vivir sen petróleo. Tamén teremos, coma sempre, un debate en torno a estas cuestións co público asistente.