A revolución pospetróleo continúa o día 26 de setembro en Ribeira
Despois do parón do verán, retomamos as presentacións revolucionarias da nosa Guía para o descenso enerxético (agora xa na súa 2ª edición). Desta volta organizan os Foros Ecolóxicos do Barbanza un acto no Ateneo Valle-Inclán (Bar Plaza) de Ribeira. Será o venres 26 de setembro ás 20 h e contará coa presenza de Xoán Ramón Doldán e Manuel Casal. Como sempre explicaremos brevemente a situación do Teito do petróleo e como este libro nos pode axudar a prepararnos como sociedade para as profundas consecuencias que del se derivan. Tamén levaremos exemplares para as persoas interesadas en adquirilos. Agardámosvos!
De contado iremos anunciando máis encontros en torno á Guía. Se ti queres organizar un nalgún lugar do país, ponte en contacto connosco.