A nosa Guía, novidade de ensaio máis vendida no pasado mes de setembro

On 06/10/2014 by Véspera de Nada

Guía para o descenso enerxético: libro de ensaio galego máis vendido en setembro de 2014Segundo vimos de ler hoxe con agrado no blog Caderno da Crítica, de Ramón Nicolás, a nosa Guía para o descenso enerxético, figura na 1ª posición de libros galegos (novidades) de ensaio ou teatro máis vendidos durante o mes de setembro de 2014. En xullo estivera xa na 3ª posición, segundo os datos recollidos nese mesmo blog.

O noso agradecemento en primeiro lugar a mecenas e lectoras/es que fixestes este éxito de vendas posible, e en segundo lugar ás librarías e a Ramón Nicolás por nos dar esta boa nova! 🙂

Con todo, somos conscientes desque se esgotou a 1ª edición de que o libro está a ser un éxito inusitado: por ser un libro de ensaio, por estar en galego e por tratar dun tema tan descoñecido para o gran público como é o Teito do Petróleo. Isto quere dicir que a mensaxe vai callando e que a semente da Revolución pospetróleo se está a espallar rapidamente polo noso país. Agardamos que dea bos froitos para a construción urxente dunha Galiza pospetróleo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.