Estreamos o documental “Non hai mañá” e presentamos a Guía este domingo en Esmelle
A parroquia trasanquesa de Esmelle será o lugar onde se proxecte por primeira vez a versión dobrada ao galego da curtametraxe de animación “Non hai mañá” de Dermot O’Connor, dentro da presentación que faremos da nosa Guía para o descenso enerxético varios membros de Véspera de Nada no local social (na biblioteca) da Asociación de Veciños Val de Esmelle (Ferrol).
Será ás 19:00 h do domingo 10 de maio, e presentará a nosa compañeira Begoña de Bernardo.
Despois da película e da presentación da nosa asociación e do noso libro, haberá un debate co público asistente. Tamén se poderán adquirir exemplares da 2ª edición da Guía para o descenso enerxético.