Presentamos a «Guía para o descenso enerxético» no Festigal o 25 de xullo

On 19/07/2015 by Véspera de Nada

Este 25 de xullo, ás 16:00 inauguramos o espazo da Galería das Ideas e das Letras do Festigal coa presentación da 2ª edición da nosa Guía para o descenso enerxético. Será unha presentación breve, de 30 minutos, a cargo do coordenador da publicación, Manuel Casal Lodeiro, no que tentaremos dar tamén tempo para un debate co público, que se poderá continuar na mesa que a asociación Véspera de Nada terá durante toda a tarde (de 14 a 21 h) no espazo adicado ás asociacións, e onde se poderán adquirir exemplares da Guía, do caderno O fim do petróleo e algunhas outras publicacións relacionadas (Nosotros, los detritívoros, a revista 15/15\15, etc.), e a onde convidamos a toda a xente interesada a se achegar e parolar connosco sobre o tema do Peak Oil e o colapso civilizatorio.

Se o día 25 estás en Compostela non deixes de te achegar e coñecernos!

Evento no Facebook: https://www.facebook.com/events/1437249233269555/

20150725-guia-descenso-enerxetico-festigal-1000x362

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.