Presentamos a Guía e o documental «Non hai mañá» en Ernes
Begoña de Bernardo será a encargada de presentar mañá sábado, en Ernes (Negueira de Muñiz), a 2ª edición da Guía para o descenso enerxético. Na presentación tamén está previsto que se emita o documental Non hai mañá de Dermot O’Connor. Como é habitual nas presentacións de Sementando a Revolución pospetróleo, haberá un debate con todos os asistentes entorno ás cuestións tratadas no noso libro.
Será ás 7 da tarde no local veciñal de Ernes (antiga escola).