A Guía volve a Ames este sábado na presentación do colectivo «Ames Pospetróleo»

On 02/06/2016 by Véspera de Nada

logo-ames-pospetroleo-v0-1-1-COR-200x130A Guía para o descenso enerxético preséntase este sábado 4 de xuño ás 11:00 dentro dun interesante acto organizado pola nova asociación Ames Pospetróleo, que naceu o ano pasado para difundir e traballar sobre o problema do Peak Oil nesta localidade veciña a Compostela.

Fotograma da película 'Non hai mañá'

Fotograma da película ‘Non hai mañá’

O acto conta coa colaboración do Concello de Ames, e será presentado e moderado pola xornalista Rebeca Fernández Hermo. Tras a emisión da curtametraxe didáctica de animación Non hai mañá (Dermot O’Connor, 2012), dobrada ao galego por Suso Pando, o vicepresidente de Véspera de Nada, Xoán Doldán, falará das actividades de Véspera de Nada e do noso libro. Posteriormente, o presidente de Ames Pospetróleo, Emilio Román, presentará este novo colectivo local e as actividades que veñen desenvolvendo. Finalmente haberá un debate co público, entre o cal se espera contar con diversos membros do goberno e corporación municipais de Ames.

Podes indicar a túa asistencia no evento en Facebook, e difundir esta nova ou a publicada polo concello de Ames.

No acto haberá exemplares para a venda, da 2ª edición da Guía, ao prezo de 12,00 €.

One Response to “A Guía volve a Ames este sábado na presentación do colectivo «Ames Pospetróleo»”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.