Nova presentación da Guía no Milladoiro (Ames) da man de Ames Pospetróleo

On 09/06/2016 by Véspera de Nada

logo-ames-pospetroleo-v0-1-1-COR-200x130Tras o primeiro acto, a Guía para o descenso enerxético preséntase novamente en Ames o vindeiro venres 17 de xuño ás 20:30 h dentro do 2º acto organizado pola nova asociación Ames Pospetróleo, que naceu o ano pasado para difundir e traballar sobre o problema do Peak Oil nesta localidade.

Fotograma da película 'Non hai mañá'

Fotograma da película ‘Non hai mañá’

O acto conta coa colaboración do Concello de Ames, e será presentado e moderado pola xornalista Rebeca Fernández Hermo. Tras a emisión da curtametraxe didáctica de animación Non hai mañá (Dermot O’Connor, 2012), dobrada ao galego por Suso Pando, o vicepresidente de Véspera de Nada, Xoán Doldán, falará das actividades de Véspera de Nada e do noso libro.

limits-revisited-TRAD-gl-w250Posteriormente, o presidente de Ames Pospetróleo, Emilio Román, presentará este novo colectivo local e as actividades que veñen desenvolvendo. Finalmente haberá un debate co público, entre o cal se espera contar con diversos membros do goberno e corporación municipais de Ames, entre eles o alcalde José Miñones (quen xa confirmou a súa asistencia), a quen se lle fará entrega dun exemplar do informe Limits revisited, elaborado por encargo do Parlamento Británico, e traducido ao galego por Ramóm Flores, membro de Véspera de Nada.

Podes indicar a túa asistencia no evento en Facebook, e difundir esta nova. O acto terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 20:30 h.

No acto haberá exemplares para a venda, da 2ª edición da Guía, ao prezo de 12,00 €.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.