A nosa Guía preséntase en Albendiego (Guadalajara)

On 12/05/2017 by Véspera de Nada

Dentro das xornadas que mañá sábado 13 de maio se celebrarán na carpa de Abendiego co título de Crisis energética y sociedad industrial: el mundo rural como alternativa, organizadas polo Colectivo Plántate, o noso compañeiro Lino Blanco presentará tanto a nosa Guía como as actividades e posicionamentos xerais da asociación Véspera de Nada. Será ás 17:00 h xunto cunha interesante ponencia do científico e divulgador do colapso enerxético Antonio Turiel.

NOTA: O acto de Véspera ven substituír unha presentación inicialmente prevista do libro La izquierda ante el colapso de la civilización industrial a cargo do seu autor, Manuel Casal Lodeiro, que non puido asistir por problemas de saúde. Por iso no cartaz inicial non aparece o acto de Véspera de Nada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.