Foro
O Foro da Galiza Pospetróleo é un lugar de encontro que dá continuidade á Guía para o descenso enerxético, un lugar onde compartirmos experiencias, reflexións e estratexias, un lugar para o debate e para a acción.
Convidamos en primeiro lugar a todos os mecenas do libro, a todas as persoas que a están a ler e en definitiva a todas as galegas e galegos preocupados polo Peak Oil e por cómo cómpre actuarmos a nivel individual e colectivo para nos prepararmos.
A que esperas para te rexistrares e participares na revolución pospetróleo? 🙂
(AVISO: O 19/12/14 abrimos o autorrexistro para non ter que pasar por altas manuais. Así e todo, para evitarmos o spam, o teu rexistro precisará posteriormente ser activado polo xestor do foro. Aconsellámoste que, para que non te confundamos cun spambot, escollas un nome de usuaria/o doadamente recoñecible coma galego! Grazas.)
[…] Foro […]
[…] Foro […]