Remata con éxito a campaña de financiamento colectivo da Guía!
Pero aínda se poden facer achegas ata o día 10 de novembro.
A civilización industrial afronta o seu colapso a causa da queda irreversible da súa base enerxética principal: o petróleo. Non hai enerxía que poida substituír o petróleo a tempo e na escala precisa para seguir termando da sociedade de consumo capitalista.
Galiza, despois dun proceso recente e incompleto de industrialización, atópase con que ese modelo económico e social está a deixar de ser viable, e debe volver de novo a súa ollada ao rural para buscar a súa única riqueza real.
Máis de dous anos de pescuda e análise para compilar unha guía que axude a galegas e galegos a nos adaptarmos con urxencia a un contexto totalmente novo e imprevisto, a construír unha Galiza sen petróleo.
Tras o petróleo ábrese un periodo inédito na historia humana. Un periodo de riscos e ameazas como nunca antes tivo que afrontar a nosa especie. Pero tamén unha crise que pode dar nacemento a unha sociedade radicalmente diferente.
Pero aínda se poden facer achegas ata o día 10 de novembro.
Nesta ocasión é Xabier Vázquez Pumariño, biólogo e consultor ambiental, quen nos...
Joám Evans Pim, coñecido activista galego en diversas organizacións como Véspera de...
Continuamos coas entrevistas a membros e achegados a Véspera de Nada. Nesta...
Reproducimos con permiso unha mensaxe moi interesante que nos enviou unha das...
Víctor e Marta deixaron a súa vida na cidade e agora levan...