O obxectivo desta guía é motivar e axudar na transformación do modelo enerxético e produtivo hoxe dominante no mundo e na Galiza, baseado no uso masivo de combustíbeis fósiles, en particular do petróleo.
A "Guía para o descenso enerxético" é un proxecto de libro da Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo, unha publicación que quere contribuír decisivamente á posta en marcha dunha transformación revolucionaria en Galiza para sobrevivirmos ao colapso da civilización baseada no petróleo.